Fisterra : pobo denominado polos romanos como a célebre finis terrae que trouxo a atención dos xeógrafos e historiadores grecorromanos. Décimo Junio Bruto, despois de percorrer esta costa e chegar ao célebre cabo observou medorento e con horror como o sol se precipitaba sobre o océano galego. Segundo a lenda, os romanos atoparon en cabo Fisterra un altar ó Sol (Ara solis).
Moitos peregrinos dos que chegan a Santiago de Compostela rematan eiquí o seu Camiño para divisar a feiticeira fin da Terra.
Tiven a opotunidade de visitar o faro, a igrexa da Nosa Señora das Areas, o monumento ao emigrante, a praia Langosteira e degustei unhas fantásticas navallas galegas preto do porto.
2 fotos sacadas por min mesmo en Fisterra.
Muxía: puiden visitar o fermoso faro a pé do mar, camiñar polas rochas moi preto da auga, ver a Igrexa da Virxe da Barca, construída onde o apóstolo Santiago foi socorrido pola Virxe que chegou nunha barca, testemuñas deste suceso son a Pedra dos Cadrís (que cura de reuma a quen pase por baixo) e a Pedra de Abalar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario